Magazine

Próximos actos e actividades..

Publicado el 22 enero 2010 por Jlopez
Próximos actos e actividades..
Próximos actos e actividades..
Sábado 23 de xaneiro ás 18h00. As aventuras de Robin Hoodnick. Esta versión de Hanna-Barbera de Robin Hood conta as aventuras de Robin Hoodnick e do seu grupo de homes felices, que loitan contra as inxustizas do sheriff de Nottingham, que planea capturalo custe o que custe.
Ciclo de cine para nenos. 14 PELIS PARA OS PEQUES. Todos os sábados de xaneiro a abril, ás 18:00 horas.
www.macuf.es
---------------------------------------------------------
Música Animada (Concertos para toda a familia). Domingo 24 de xaneiro de 2009, 12:30 h. JUAN E AS FABAS MÁXICAS, Dúo de guitarras: Ramón Otero e David Regueiro.
Unha tempada máis, o ciclo de concertos MÚSICA ANIMADA vén cargado de divertidas historias para todas as idades. Continuaremos as peripecias de personaxes xa coñecidos polo noso público habitual, e presentaremos algúns dos máis famosos contos da literatura infantil, con acompañamento musical creado para a ocasión. Grazas ao enfoque didáctico de cada concerto, os máis pequenos traballarán nocións musicais básicas, como o seguimento de patróns rítmicos e melódicos, ou o coñecemento dos distintos instrumentos e estilos musicais, sempre dunha forma lúdica e divertida. Con este proxecto pretendemos que as mañás de domingo sigan sendo, como ata agora, un momento para toda a familia.
CONDICIÓNS DE ACCESO: Para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes, a partir das 11:30 horas, e por rigorosa orde de chegada, a recepción do Museo expedirá un número limitado de etiquetas adhesivas, que os asistentes deberán levar en lugar ben visible para poder acceder ao auditorio. As portas do auditorio abriranse ás 12:15 horas, e o persoal do Museo axudará a acomodar os asistentes, reservando sempre para os nenos as localidades máis próximas ao escenario. Agradecémoslles de antemán a súa colaboración, e recordámoslles que está terminantemente prohibido tocar as obras expostas, así como realizar fotografías con flash dentro do recinto do Museo.
www.macuf.es
---------------------------------------------------------
Próximos actos e actividades..«AHORA, unha alternativa á crise enerxética. Os Luns con Ciencia. 25 xaneiro, Conferencia na Domus ás 20:00. Juan José Gómez Cadenas, físico e novelista. Director do Grupo de Física de Neutrinos do Instituto de Física Corpuscular do CSIC en Valencia.
Durante a súa intervención, Juan José Gómez Cadenas explicará que AHORA é o acrónimo dunha fórmula (AHOrro Renovables Atomica) que quizais poida axudar a resolver ou mitigar o que seguramente vai ser o problema do século: a crise enerxética motivada pola combinación de escaseza de combustibles fósiles (petróleo e gas natural) e contaminación (emisións de CO2, moi en particular asociadas á combustión de carbón).»
www.casaciencias.org
---------------------------------------------------------
Excursión a Padrón. excursión a padrónA partir do día 29 de xaneiro ábrese o prazo de inscrición para a excursion á feira de Padrón organizada pola Xunta de Participación do Centro Cívico Os Mallos. Data da excursion: 7 de febreiro. Prezo: 18 euros (Inclúe desplazamento, xantar e baile en Cerceda).
Máis información en Corunasolidaria.org

También podría interesarte :

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Quizás te interesen los siguientes artículos :