Os cambios afectan as liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 11 os días 23 e 24 de xaneiro. A concellaría de Transportes e Mobilidade modificou as rutas de seis liñas de autobús debido a que as obras de remodelación da igrexa castrense de San Andrés obrigarán a pechar devandita rúa ao tráfico durante o fin de semana do 23 e o 24 de xaneiro. O tráfico restablecerase o luns día 25.
As liñas que veñen pola rúa Orzán en dirección Praza Pontevedra á altura da esquina Pórtico San Andrés, continuarán en dirección contraria ao tráfico de vehículos cara á rúa Cordelería para virar á dereita por Rúa Alta cara ao Paseo Barrié de la Maza, continuarase polo paseo marítimo dirección Praza Pontevedra até chegar á rúa Modesto Goicouría (Hotel Riazor) e enlazar co seu percorrido habitual.
A parada situada na rúa de San Andrés fronte a Caixa Galicia trasládase á rúa Orzán esquina rúa Cordelería. A parada da Praza de Pontevedra trasládase á esquina rúa Rubine (antiga oficina do Deportivo) e créase unha parada nova no Paseo marítimo no intercambiador do tranvía fronte ao ambulatorio de San José.
Coruña.es