Magazine

Blog do Grupo de Anelamento Anduriña

Publicado el 31 mayo 2010 por Rubenportas
Despois de moitas voltas, unhas cantas horas de traballo e algún que outro debate, nace o blog do GRUPO DE ANELAMENTO ANDURIÑA.Este dominio contribuirá a divulgar a nosa labor en prol da conservación i estudo do patrimonio natural galego e a manter o contacto con todolos interesados en asistir ás xornadas de campo e participar nos proxectos que levamos a cabo.Iniciamos esta andaina cuns contidos mínimos: "Quen somos", como contactar con nós, un apartado onde poderedes descargar os traballos de investigación e divulgación realizados polos membros do grupo e unha pequena referencia sobre o anelamento en Galicia. Iremos progresivamente subindo máis información, engadindo seccións fixas e actualizando o blog mediante entradas variadas realizadas polos membros do grupo.Agardando que sexa do voso interese, desexamos que a vosa participación nos permita mellorar.
Podedes acceder ao blog pulsando a seguinte ligazón: www.grupodeanelamentoandurinha.blogspot.com
Blog do Grupo de Anelamento Anduriña

Volver a la Portada de Logo Paperblog