En Xuño faría 3 anos que rematou a que denominei "opereta" a primeira OPE feita polo Sacyl de persoal estatutario.
Evidentemente ó non me ir moito nelo non seguín os diversos procesos paralelos abertos por aquela conxunción astral de "digo, escribo e fago" cousas diferentes que tanta incertidume provocou e volta a provocar en vista da sentenza emitida por un tribunal de alta instáncia que saiu o xoves e que non enlazo porque a quen lle interesa xa a terá na man.
O certo é que unha persoa (e sólo esa persoa) conseguiu que se teña que valora-los seus méritos na fase de concurso pois o proceso seguido conclucou o que marcaban as bases e deixou fora da baremación de méritos ás persoas que aprobaran esa segunda proba facendo o "corte" sobre o nº de plazas e a nota dese segundo exame e non sobre a nota total de ámbalas convocatorias... Total; que a persoa en cuestión (que nestes anos obtivo praza noutro servizo de saúde) terá que escoller unha praza no centro de gasto que mellor lle veña... calquer outro movemento... a 3 anos vista con concurso de traslados resoltos nos que participou xente que abtivera praza naquel proceso (e polo tanto puido perxudicar a outr@s) etc. sería unha sucesión de caos encadeados.
O certo é que tódolos afectados tiveron ocasión de secundar a esta persoa e non o fixeron en "tempo e forma" así que cecais eses dereitos xa caducaron... seica. A min o que me alarma é a cantidade de preitos e recursos ó redor de tódolos concursos que se fan; esto semella mais unha guerra xurídica que un acceso por igualdade, mérito e capacidade. Non vos teño que lembrar que a OPE do 2008 (a de León recentemente incorporada) tamén ten un recurso pendente; este mais "complicado" porque é un recurso colectivo contra a baremación o que podería producir mais trocos que un. Por non falar da Oposición de funcionarios que ven de ser 'reventada' por outra sentenza...
REFLEXIÓN
Faise precisa unha reflexión do que está a acontecer... para mín todo esto é outro argumento para xustifica-lo que xa argumentei vai tempo... que o mellor sistema é o concurso aberto e permanente (CAP).
FELICITACIÓN.
Mañan sairá publicada a listaxe da Ope do SERGAS para incorporarense dende pasado mañan conxuntamente co concurso de traslados... 2200 movementos todos xuntiños... a menos dun mes do inicio das vacacions... noraboa ´@s afortunados e moita sorte a quen lle toque lidiar con esto.
Magazine
E ó terceiro ano resucitou...mentras outro camiño remata.
Publicado el 09 mayo 2011 por Enferevidente @EnferEvidenteTambién podría interesarte :