Magazine

Gala de patinaxe no Pazo dos Deportes

Publicado el 15 enero 2010 por Barriodelosrosales

Gala de patinaxe no Pazo dos DeportesNos escribe María Jesús Arias, presidenta de

“Ola, escribímosvos dende a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (acem) para informarvos de que o domingo 31 de xaneiro do 2010 ás 17 hs terá lugar no Pazo dos Deportes da Coruña a III Gala Nacional de Patinaxe Artística, organizada pola acem a beneficio da recén creada Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (FEGEREC). Na Gala participarán arredor de 220 patinadores/as de categorías galega, nacional e internacional nas modalidades de show, parellas mixtas e danza, individual femenino e individual masculino.

Este ano quixeramos contar tamén coa vosa colaboración para a difusión desta III Gala Nacional de Patinaxe Artística. Os interesados en mercar as entradas téñenas á súa disposición no Stand de Información do Centro Comercial Catro Camiños ou nos teléfonos 981 184 378/ 981 240 985 a un prezo de 8 euros cada unha, podendo tamén colaborar mercando entradas en Fila 0.

ACEM é unha entidade non lucrativa declarada de utilidade pública que representa ao colectivo de persoas que padecen unha esclerose múltiple e ás súas familias. N esta ocasión organiza a III Gala Nacional de Patinaxe Artística cun motivo aínda máis solidario ca os anteriores: presentar e dar a coñecer á cidadanía a recén creada Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (FEGEREC) da que ACEM é socio fundador. Conoforman FEGEREC: Asociación Gallega de Lupus (AGAL), Asociación Gallega de Esclerosis Lateral Amiotrófica (AGAELA), Asociación Gallega de Fibrosis Quística (FQ), Asociación Gallega de Ataxia (AGA), Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (ACEM) e Persoas afectadas dunha enfermidade rara de orixe neuromuscuesquelética.

Os beneficios que xenere a III Gala invertiranse integramente na posta en marcha do proxecto técnico de FEGEREC coa fin de rentabilizar recursos ante necesidades comúns como poden ser o SCIVAD (Servicio de Coordinación-Información-Valoración-Asesoramento e Derivación), fisioterapia, terapia ocupacional, atención psicolóxica (psicoterapia, terapia familiar e de parella), intervención social e transporte adaptado.

Cunha gran ilusión, esperanza e agradecemento, recibide unha aperta.”

Gala de patinaxe no Pazo dos Deportes Gala de patinaxe no Pazo dos Deportes Gala de patinaxe no Pazo dos Deportes Gala de patinaxe no Pazo dos Deportes

Volver a la Portada de Logo Paperblog