“Ola, escribímosvos dende a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (acem) para informarvos de que o domingo 31 de xaneiro do 2010 ás 17 hs terá lugar no Pazo dos Deportes da Coruña a III Gala Nacional de Patinaxe Artística, organizada pola acem a beneficio da recén creada Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (FEGEREC). Na Gala participarán arredor de 220 patinadores/as de categorías galega, nacional e internacional nas modalidades de show, parellas mixtas e danza, individual femenino e individual masculino.
Este ano quixeramos contar tamén coa vosa colaboración para a difusión desta III Gala Nacional de Patinaxe Artística. Os interesados en mercar as entradas téñenas á súa disposición no Stand de Información do Centro Comercial Catro Camiños ou nos teléfonos 981 184 378/ 981 240 985 a un prezo de 8 euros cada unha, podendo tamén colaborar mercando entradas en Fila 0.
ACEM é unha entidade non lucrativa declarada de utilidade pública que representa ao colectivo de persoas que padecen unha esclerose múltiple e ás súas familias. N esta ocasión organiza a III Gala Nacional de Patinaxe Artística cun motivo aínda máis solidario ca os anteriores: presentar e dar a coñecer á cidadanía a recén creada Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (FEGEREC) da que ACEM é socio fundador. Conoforman FEGEREC: Asociación Gallega de Lupus (AGAL), Asociación Gallega de Esclerosis Lateral Amiotrófica (AGAELA), Asociación Gallega de Fibrosis Quística (FQ), Asociación Gallega de Ataxia (AGA), Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (ACEM) e Persoas afectadas dunha enfermidade rara de orixe neuromuscuesquelética.
Os beneficios que xenere a III Gala invertiranse integramente na posta en marcha do proxecto técnico de FEGEREC coa fin de rentabilizar recursos ante necesidades comúns como poden ser o SCIVAD (Servicio de Coordinación-Información-Valoración-Asesoramento e Derivación), fisioterapia, terapia ocupacional, atención psicolóxica (psicoterapia, terapia familiar e de parella), intervención social e transporte adaptado.
Cunha gran ilusión, esperanza e agradecemento, recibide unha aperta.”