Revista Literatura

verso libre

Publicado el 18 enero 2014 por Enletrasarte

Cando chove
Eu non gravito pola lei
Estou grave do meu
Grávido de morte, filla primoxénita da miña vida.
.
Non teño a vertixe da chuvia, gústame caer.
Ela cae porque non ten alternativa, eu podo evitalo, aínda que non sei como.
.
Sobre a vertixe grave de existir, loito para chegar vivo ata a miña morte.
Pero mátanme, como as secas á chuvia.
Como o descampado ceo ás nubes ausentes.
.
Védeme, divagando a miña chuvia de amor, só por chover e mollar a túa pel.
Védeme tamén, morrer a cada momento, vertixinoso, caendo, pola lei da vida.
.
Tómote do brazo, para dar os pasos inseguros de futuro, onde choven os afastados recordos que parcialmente te inclúen. E son os recordos novos que vou creando con só andar o meu destino.
.
Creríasme, se che confeso que é imposible amarte máis, cando chove?

.

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Sobre el autor


Enletrasarte 38 veces
compartido
ver su blog

El autor no ha compartido todavía su cuenta El autor no ha compartido todavía su cuenta

Revistas