Revista Literatura

versos libres en gallego

Publicado el 11 enero 2013 por Enletrasarte

Hombre de humo
fíxate,
canto quixera ser o fume do cigarro
.
que como nube de aurora boreal
ten a maxia policrómica sen aplicar ao básico,
ao tedio do coñecido
.
ves?
como danza polo aire
semellante á lava que sinuosa,
cae polas abas da nada
.
e porqué non un río?
un Santa Lucía nervioso que zigzaguease canle
entre os montes naturais do espazo
.
canto quixera ser vagabundo
escorréndome polas ventás abertas cara ao mundo,
cheo de esperanzas de que 'o fóra' non é abafador
.
deixarme levar polo vento ou pola brisa leve,
esa; que sangra por enriba do mar;
a que foxe sen descanso
.
e na brevidade dunha bafarada de fume,
tan como a vida,
selo todo
.
selo todo, todo;
figuracións do amor porque son corpóreo,
estando feito de fantasías
.
un home de fume feito con fantasmas da ilusión
e ao final
diluírme cego, xordo e mudo como un fume calquera
porque o teu bico abandona a miña boca
.

Cuando llueve
Eu non gravito pola lei
Estou grave do meu
Grávido de morte, filla primoxénita da miña vida.
.
Non teño a vertixe da chuvia, gústame caer.
Ela cae porque non ten alternativa, eu podo evitalo, aínda que non sei como.
.
Sobre a vertixe grave de existir, loito para chegar vivo ata a miña morte.
Pero mátanme, como as secas á chuvia.
Como o descampado ceo ás nubes ausentes.
.
Védeme, divagando a miña chuvia de amor, só por chover e mollar a túa pel.
Védeme tamén, morrer a cada momento, vertixinoso, caendo, pola lei da vida.
.
Tómote do brazo, para dar os pasos inseguros de futuro, onde choven os afastados recordos que parcialmente te inclúen. E son os recordos novos que vou creando con só andar o meu destino.
.
Creríasme, se che confeso que é imposible amarte máis, cando chove?
La línea entre El amor y La pena
cando te mirei
suspiraches,
y
enfiado no aire
esfumouse o suspiro
e foise
para caer no confín
onde os meus ollos,
ai malditos ollos que ao pestanexar
quedaron sen a túa fermosura
por un momento,
por un momento único e irrepetible
que se me antollou eternidade
.
sente,
sente o vaivén do corazón,
onde hai desgracias irrecuperables
e gozos inasibles ao entendemento
.
constrínxese perigosamente a alma
ao cravarse a daga ferinte
polo infortunado destino
do teu doce alento
.
ringleira de sensacións
que fan marabilloso o amor,
a pena que infire
e a dita máis grande aínda,
saber con certeza
que se pode morrer de amor
esfumándose
enfiado no aire
como todos os suspiros

 sinolvido
eu quixen quererte
corazón do amor prohibido,
non puiden terte
é como un sono de amor perdido;
eu quixen esquecerte,
a forza do corazón partido;
mais volvo encontrarte
na praza dos
sinolvido

Volver a la Portada de Logo Paperblog

Sobre el autor


Enletrasarte 38 veces
compartido
ver su blog

El autor no ha compartido todavía su cuenta El autor no ha compartido todavía su cuenta

Dossier Paperblog

Revistas